A Banda Filharmónica de Vigo ofrecerá un concerto xunto co coro Mistura Vocal ás 19:00 horas no auditorio do Centro Cultural de San Miguel de Oia
Voces dos Ermos comezou en marzo en Pontevedra e chegará tamén aos concellos de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e Poio da man de agrupacións corais e grupais vinculadas á provincia que celebran efemérides ou aniversarios este ano
A Deputación de Pontevedra leva este sábado 11 de abril a Vigo Voces dos Ermos, o ciclo de concertos de música coral en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Nesta ocasión, a Banda Filharmónica de Vigo actuará con David Fiúza como director convidado e coa colaboración do coro Mistura Vocal. A cita será ás 19:00 horas no auditorio do Centro Cultural de San Miguel de Oia. A entrada é libre pero é necesaria a reserva previa do convite no correo info@bandafilharmonicavigo.gal.
Nos concertos do ciclo Voces dos Ermos, cuxo nome provén dunha das obras emblema da cultura galega, “O mesón dos ermos”, autoría de Otero Pedrayo, teñen protagonismo as voces que se mesturan coa música clásica, popular e contemporánea. Deste xeito, a través desta iniciativa provincial, a Deputación organiza en cinco concellos da provincia actuacións de agrupacións corais e grupais de referencia en Pontevedra ou vinculadas coa provincia e que, ademais, celebran algunha efeméride ou aniversario dentro da súa historia ou traxectoria durante o ano 2026. Voces dos Ermos estreouse o pasado mes de marzo en Pontevedra, onde a centenaria Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra (1925-2025), gañadora do Premio Otero Pedrayo que outorgan as catro deputacións galegas, e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra presentaron “Leucoíña. O canto das augas”, de Brais González. Despois do seu paso por Vigo, este sábado, o ciclo chegará o 25 de abril a Vilagarcía de Arousa, da man do Coro Liceo de Vilagarcía (que cumpre 45 anos no 2026), a Banda de Cámara Arousa e solistas, que ofrecerá un concerto de música sacra In memoriam na igrexa do convento de Vista Alegre ás 20:30 horas. A continuación recalará en Ribadumia, o 18 de abril ás 19:30 horas, coa actuación de Tolemia’s Consort na Igrexa de San Andrés de Barrantes e o peche do programa terá lugar no mosteiro de San Xoán de Poio o 23 de maio ás 20:30 horas co concerto do LX Aniversario de Orfeón e Orquestra Terra a Nosa.
La entrada A Deputación leva a Vigo este sábado Voces dos Ermos, o ciclo de concertos de música coral en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo se publicó primero en VIGOHOY – Periodismo digital.
A Banda Filharmónica de Vigo ofrecerá un concerto xunto co coro Mistura Vocal ás 19:00 horas no auditorio do Centro Cultural de San Miguel de Oia Voces dos Ermos comezou en marzo en Pontevedra e chegará tamén aos concellos de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e Poio da man de agrupacións corais e grupais vinculadas á
La entrada A Deputación leva a Vigo este sábado Voces dos Ermos, o ciclo de concertos de música coral en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo se publicó primero en VIGOHOY – Periodismo digital.
A Banda Filharmónica de Vigo ofrecerá un concerto xunto co coro Mistura Vocal ás 19:00 horas no auditorio do Centro Cultural de San Miguel de Oia
Voces dos Ermos comezou en marzo en Pontevedra e chegará tamén aos concellos de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e Poio da man de agrupacións corais e grupais vinculadas á provincia que celebran efemérides ou aniversarios este ano
A Deputación de Pontevedra leva este sábado 11 de abril a Vigo Voces dos Ermos, o ciclo de concertos de música coral en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Nesta ocasión, a Banda Filharmónica de Vigo actuará con David Fiúza como director convidado e coa colaboración do coro Mistura Vocal. A cita será ás 19:00 horas no auditorio do Centro Cultural de San Miguel de Oia. A entrada é libre pero é necesaria a reserva previa do convite no correo info@bandafilharmonicavigo.gal.
Nos concertos do ciclo Voces dos Ermos, cuxo nome provén dunha das obras emblema da cultura galega, “O mesón dos ermos”, autoría de Otero Pedrayo, teñen protagonismo as voces que se mesturan coa música clásica, popular e contemporánea. Deste xeito, a través desta iniciativa provincial, a Deputación organiza en cinco concellos da provincia actuacións de agrupacións corais e grupais de referencia en Pontevedra ou vinculadas coa provincia e que, ademais, celebran algunha efeméride ou aniversario dentro da súa historia ou traxectoria durante o ano 2026. Voces dos Ermos estreouse o pasado mes de marzo en Pontevedra, onde a centenaria Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra (1925-2025), gañadora do Premio Otero Pedrayo que outorgan as catro deputacións galegas, e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra presentaron “Leucoíña. O canto das augas”, de Brais González. Despois do seu paso por Vigo, este sábado, o ciclo chegará o 25 de abril a Vilagarcía de Arousa, da man do Coro Liceo de Vilagarcía (que cumpre 45 anos no 2026), a Banda de Cámara Arousa e solistas, que ofrecerá un concerto de música sacra In memoriam na igrexa do convento de Vista Alegre ás 20:30 horas. A continuación recalará en Ribadumia, o 18 de abril ás 19:30 horas, coa actuación de Tolemia’s Consort na Igrexa de San Andrés de Barrantes e o peche do programa terá lugar no mosteiro de San Xoán de Poio o 23 de maio ás 20:30 horas co concerto do LX Aniversario de Orfeón e Orquestra Terra a Nosa.
La entrada A Deputación leva a Vigo este sábado Voces dos Ermos, o ciclo de concertos de música coral en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo se publicó primero en VIGOHOY – Periodismo digital.
Cultura archivos – VIGOHOY – Periodismo digital
