A Deputación presenta en Vigo o ciclo Artes Vivas da Bienal de Pontevedra que comeza este venres cunha acción de Vasco Araújo

O programa, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, presentouse no Museo do Mar de Galicia coas intervencións dos vicepresidentes da Deputación Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, o propio comisario e o artista portugués

A proposta activará espazos urbanos, patrimoniais e industriais en lugares como Ponteareas, O Grove, Sanxenxo ou Vigo, e ofrecerá cada venres propostas de danza, música e performance ata finais de setembro

A 32ª Bienal de Arte de Pontevedra dá comezo este venres ao seu Ciclo de Artes Vivas, un programa que transforma o corpo, a acción e a presenza no centro da experiencia artística e que converterá diferentes puntos da provincia en escenarios efémeros abertos ao público. Comisariado por Iñaki Martínez Antelo, o ciclo desenvolverase entre o 27 de xuño e o 26 de setembro, cada venres —excepto festivos—, con acceso gratuíto ata completar aforo.

A presentación do programa tivo lugar esta mañá no Museo do Mar de Galicia, un dos espazos que tamén acollerá parte da programación, coa participación dos vicepresidentes da Deputación, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, do comisario, Iñaki Martínez Antelo, e do artista portugués Vasco Araújo, que será o encargado de inaugurar o ciclo cunha acción participativa polas rúas de Pontevedra.

“A Bienal medra fóra dos espazos expositivos tradicionais e faise corpo, presenza e voz tamén na rúa e na contorna”, sinalou Rafa Domínguez, para quen esta edición é “a mostra cultural máis ambiciosa feita nunca na provincia”. Tamén puxo en valor “a capacidade da arte para activar o territorio e implicar á cidadanía”. Pola súa parte, Luisa Sánchez destacou a descentralización como un dos grandes logros do programa: “Grazas, Rafa, por haber sido capaz de entender que a Bienal de Arte de Pontevedra é un proxecto de provincia, que debía saír da cidade para poder ser compartido co xunto da provincia, con todas as súas veciñas e veciños, achegando a cultura contemporánea a todo o territorio, sen excepción”. Neste eido puxo especialmente en valor o feito de presentar Artes vivas en Vigo, “un dos grandes epicentros das vangardas culturais de toda Galicia”.

O ciclo aposta por ocupar espazos urbanos, patrimoniais, museísticos ou industriais de Vigo, Ponteareas, O Grove e Sanxenxo, que se transformarán en lugares escénicos e compartidos. Entre os artistas confirmados atópanse Marc Vives, que, tal e como explicou a vicepresidenta Luisa Sánchez, chegará ao Museo do Mar de Vigo o 29 de agosto ás 20:00 horas coa performance “SSSSS”, e outros moitos como La Ribot, Janet Novás, María Salgado, Leonor Leal, Hugo Torres, Marta Fernández Calvo, Cris Balboa ou o colectivo Glovo.

“O programa traza unha dramaturxia expandida que nos convida a pensarnos desde o corpo e desde o encontro, no contexto dunha sociedade marcada pola incerteza e a fragmentación social”, explicou o comisario Iñaki Martínez Antelo, que quixo poñer o foco no lema da Bienal, “Volver a ser humanos”, como guía de todo o ciclo.

Durante a presentación, Rafa Domínguez destacou que “a Bienal está facendo da arte un motor para activar o territorio e implicar á cidadanía. Este ciclo é unha chamada ao encontro desde o máis esencial: o corpo, a voz, a acción”. Pola súa parte, Luisa Sánchez puxo o foco na diversidade de formatos e espazos: “Unha proposta plural, accesible e profundamente contemporánea que conecta con distintas realidades do noso territorio”.

Liberdade, corpo e voz para abrir o ciclo: este venres 27 de xuño, ás 20:00 h en Pontevedra

A primeira proposta do ciclo chega este venres 27 de xuño ás 20:00 h, cunha performance coral participativa titulada “Libertas – Da condición de persoa libre”, do artista portugués Vasco Araújo. A acción, que partirá do Pazo da Cultura, convida á cidadanía a unirse a unha marcha cantada polas rúas da cidade interpretando o histórico “Coro dos escravos” da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi, símbolo da loita contra a opresión.

A proposta está aberta á participación cidadá, sen necesidade de experiencia previa, e xa conta con numerosos voluntarios inscritos. Recoméndase acudir vestidos de branco, e haberá un ensaio previo o día anterior.

“Esta acción é unha marcha poética e política, na que as voces se unen para lembrar que a arte pode ser tamén unha forma de resistencia”, explicou Araújo. “É unha chamada a pensar xuntos sobre o que significa a liberdade: quen a posúe, quen a impón, quen a perde”.

“As Artes Vivas son unha oportunidade para pensar dende outro lugar, para relacionarnos coa arte sen intermediarios, e para activar preguntas compartidas no espazo común”, engadiu Martínez Antelo, para quen “non buscamos ofrecer respostas, senón activar desacougo, sensibilidade radical e reflexión colectiva”.

A programación completa e toda a información práctica está dispoñible na web da Bienal:

🔗 https://bienal.depo.gal

La entrada A Deputación presenta en Vigo o ciclo Artes Vivas da Bienal de Pontevedra que comeza este venres cunha acción de Vasco Araújo se publicó primero en VIGOHOY – Periodismo digital.

 O programa, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, presentouse no Museo do Mar de Galicia coas intervencións dos vicepresidentes da Deputación Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, o propio comisario e o artista portugués A proposta activará espazos urbanos, patrimoniais e industriais en lugares como Ponteareas, O Grove, Sanxenxo ou Vigo, e ofrecerá cada venres propostas de

 Cultura archivos – VIGOHOY – Periodismo digital

Noticias Similares