O presidente da Deputación de Pontevedra amosou a vontade de seguir colaborando con este festival “exemplar”, enmarcado nos Rías Baixas Fest, que “resume á perfección o que é esta provincia: desfrutar”
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de participar no acto de presentación oficial do festival SonRías Baixas, no recinto das Lagoas, en Bueu, ao que situou como “grande embaixador da provincia, que dinamiza a economía e impulsa a proxección do territorio cun proxecto cultural responsable, sostible e de futuro”. Neste eido, amosou a vontade de seguir colaborando con este festival “exemplar”, enmarcado nos Rías Baixas Fest, que “resume á perfección o que é esta provincia: desfrutar”
Trátase, tal e como asegurou Luis López, “dunha das grandes citas do verán de Pontevedra e do conxunto de Galicia”. Por estes motivos, o presidente felicitou á organización, á quen tamén trasladou os parabéns por impulsar un evento de grandes magnitudes, “que o pasado ano concentrou neste recinto das Lagoas a case 27.000 persoas, apostando polo respecto ao territorio, polo coidado do medio natural e tamén polo compromiso coa igualade, obxectivos, todos eles, compartidos por este goberno da Deputación de Pontevedra”. SonRías Baixas terá lugar en Bueu entre o xoves 31 de xullo e o domingo 3 de agosto e concentrará un amplo cartel integrado por grupos como La Raíz, Carolina Durante, Sen Senra, Cariño, Judeline, Alizzz, Delaporte, Dani Fernández, Nena Daconte, Niña Polaca e outros grupos como Baiuca, Eme DJ, The Rapants ou Carlos Arelas. “Son moitos os nomes que pasarán por Bueu estes días”, asegurou o presidente quen enxalzou a programación “fresca e orixinal que combina artistas consagrados con formacións e talento autóctono como SenSenra, un dos artistas desta provincia con maior proxección internacional”.
La entrada Luis López sitúa o SonRías Baixas como “grande embaixador da provincia, que dinamiza a economía e impulsa a proxección do territorio cun proxecto cultural responsable, sostible e de futuro” se publicó primero en VIGOHOY – Periodismo digital.
O presidente da Deputación de Pontevedra amosou a vontade de seguir colaborando con este festival “exemplar”, enmarcado nos Rías Baixas Fest, que “resume á perfección o que é esta provincia: desfrutar” O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de participar no acto de presentación oficial do festival SonRías Baixas, no recinto das Lagoas,
La entrada Luis López sitúa o SonRías Baixas como “grande embaixador da provincia, que dinamiza a economía e impulsa a proxección do territorio cun proxecto cultural responsable, sostible e de futuro” se publicó primero en VIGOHOY – Periodismo digital.
O presidente da Deputación de Pontevedra amosou a vontade de seguir colaborando con este festival “exemplar”, enmarcado nos Rías Baixas Fest, que “resume á perfección o que é esta provincia: desfrutar”
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de participar no acto de presentación oficial do festival SonRías Baixas, no recinto das Lagoas, en Bueu, ao que situou como “grande embaixador da provincia, que dinamiza a economía e impulsa a proxección do territorio cun proxecto cultural responsable, sostible e de futuro”. Neste eido, amosou a vontade de seguir colaborando con este festival “exemplar”, enmarcado nos Rías Baixas Fest, que “resume á perfección o que é esta provincia: desfrutar”
Trátase, tal e como asegurou Luis López, “dunha das grandes citas do verán de Pontevedra e do conxunto de Galicia”. Por estes motivos, o presidente felicitou á organización, á quen tamén trasladou os parabéns por impulsar un evento de grandes magnitudes, “que o pasado ano concentrou neste recinto das Lagoas a case 27.000 persoas, apostando polo respecto ao territorio, polo coidado do medio natural e tamén polo compromiso coa igualade, obxectivos, todos eles, compartidos por este goberno da Deputación de Pontevedra”. SonRías Baixas terá lugar en Bueu entre o xoves 31 de xullo e o domingo 3 de agosto e concentrará un amplo cartel integrado por grupos como La Raíz, Carolina Durante, Sen Senra, Cariño, Judeline, Alizzz, Delaporte, Dani Fernández, Nena Daconte, Niña Polaca e outros grupos como Baiuca, Eme DJ, The Rapants ou Carlos Arelas. “Son moitos os nomes que pasarán por Bueu estes días”, asegurou o presidente quen enxalzou a programación “fresca e orixinal que combina artistas consagrados con formacións e talento autóctono como SenSenra, un dos artistas desta provincia con maior proxección internacional”.
La entrada Luis López sitúa o SonRías Baixas como “grande embaixador da provincia, que dinamiza a economía e impulsa a proxección do territorio cun proxecto cultural responsable, sostible e de futuro” se publicó primero en VIGOHOY – Periodismo digital.
Cultura archivos – VIGOHOY – Periodismo digital